miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chegan a Santiago escolares de Andorra convidados polo Centro Galego de Barcelona a facer o Camiño

Chegan a Santiago escolares de Andorra convidados polo Centro Galego de Barcelona a facer o Camiño
Chegan a Santiago escolares de Andorra convidados polo Centro Galego de Barcelona a facer o Camiño

Os participantes foron recibidos na Praza do Obradoiro polo presidente do Centro Galego de Barcelona, Carlos Mandianes

Os alumnos dos colexios María Moliner e Agora International de Andorra que realizaron un treito do Camiño de Santiago convidados polo Centro Galego de Barcelona, coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia, chegaron o sábado á súa meta, Compostela. Os escolares, un total de 250 repartidos en cinco grupos, percorreron esta semana as etapas da Ruta que unen Sarria (Lugo) con Santiago.

Os participantes foron recibidos na Praza do Obradoiro polo presidente do Centro Galego de Barcelona, Carlos Mandianes, con quen compartiron as súas vivencias no Camiño.

A iniciativa enmárcase nas actividades desenvolvidas polo Centro, co apoio da Xunta de Galicia, para difundir o Camiño e a cultura galega en xeral e promover o turismo na Comunidade. O vindeiro mes de xullo, outro grupo do Colexio La Salle Torreforta, de Tarragona, repetirá esta mesma experiencia.

Previamente á saída, o pasado mes de marzo, todos os escolares participantes recibiron a visita de Carlos Mandianes e da técnica da Oficina de Turismo do Centro Galego, Judit González, quen lles ofreceu unha charla sobre Galicia e a Ruta Xacobea, que lles permitiu coñecer as orixes do Camiño e as peregrinacións, ademais dos atractivos turísticos e culturais de Galicia.

Comentarios
Lo más