miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Hernández quere impulsar distintas actuacións nas parroquias de Cesar, Barciela, Meixonfrío e Mallou

Hernández quere impulsar distintas actuacións nas parroquias de Cesar, Barciela, Meixonfrío e Mallou
Hernández quere impulsar distintas actuacións nas parroquias de Cesar, Barciela, Meixonfrío e Mallou

Durante a xuntanza, Hernández subliñou serán moitas as actuación preparadas para as distintas parroquias de Santiago, co fin de potencialas e modernizalas

O candidato e presidente e Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, mantivo onte distintos encontros cos veciños de Cesar, Barciela, Meixonfrio e Mallou. Durante a xuntanza, Hernández subliñou serán moitas as actuacións preparadas para as distintas parroquias de Santiago, co fin de potencialas e modernizalas.

O Popular explicoulle aos veciños de Cesar e a Barciela que, de acadar o Goberno o vindeiro 26 de maio, procederase ao acondicionamento das pistas de concentración parcelaria que se atopan en mal estado para facilitar o tránsito por elas e procederase tamén a súa roza, como complemento de ditas actuacións.

Outra das accións programadas dentro do contrato capital que asinou Agustín Hernández hai uns días aparece o aglomerado do vial que conecta a pista de Casas de Arriba e o lugar da Pousada, unha vía de 1,5 quilómetros de lonxitude. Así mesmo, levarase a cabo a mellora da iluminación do vial entre Portovello e Benavente.

Hernández visitou tamén o barrio de Meixonfrío e o de Mallou, onde indicou que, no seu programa, contémplanse actuacións de reurbanización de varias zonas, entre as que destaca a rúa Mallou, ademais da apertura cara a rúa Nogueira.

Por outra banda, executarase o acondicionamento do lugar de Forniños, coa dotación de saneamento e de novo firme da estra que pasa pola zona. Así mesmo, O candidato Popular tamén se referiu a construción de novas beirarrúas no Camiño do Viñares, entre as rúas do Tambre e do Río.

Nos derradeiros meses, Agustín Hernández ten subliñado o seu compromiso co rural, que pasado o 26de maio contará cunha concellería adicada so a esta área, co obxectivo de mellorar os seus servizos.

Este programa, feito coa aportación dos veciños, está a difundirse a través de 22 dípticos específicos que recollen algunhas das deficiencias nas que se actuará de forma inmediata.

Comentarios
Lo más