miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arde por completo un alpendre en Sober

Arde por completo un alpendre en Sober
Arde por completo un alpendre en Sober

Foi preto das 19:15 horas da tarde de onte cando varios veciños contactaban co 112 Galicia para pedir axuda por mor dun incendio orixinado nunha palleira a carón dunha casa

As lapas devoraron a maquinaria, os apeiros e herba que se almacenaba nun alpendre situado na parroquia de Lobios, en Sober.

Foi preto das 19:15 horas da tarde de onte cando varios veciños contactaban co 112 Galicia para pedir axuda por mor dun incendio orixinado nunha palleira a carón dunha casa. No seu relato indicaban que ningún ocupante da vivenda resultou afectado.

Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Monforte de Lemos, dos axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más