Un domigno de situación intermedia na cidade
08:00 19/05/19
08:00 19/05/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 5ºC e a máxima chegará aos 18ºC
O domingo Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións.
Deste xeito, teremos ceos máis despexados canto máis ó sur, con alternancia de nubes e claros na metade norte, mesmo coa posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional durante atarde no norte da provincia de Lugo. Bancos de néboa matinais nas zonas de val.
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con xeadas en zonas altas, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 5ºC e a máxima chegará aos 18ºC.
Os ventos soprarán frouxos, de compoñente norte en xeral.