miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Morre un surfista en Porto do Son

Morre un surfista en Porto do Son
Morre un surfista en Porto do Son

O home faleceu pese aos intentos para reanimalo

O corpo sen vida dun home foi atopado onte á tarde en Porto do Son, na Praia do Dique. Así o comunicaba ao 112 Galicia unha persoa particular pasados uns minutos das 13:30 horas. Indicaba no seu relato que observaba o que parecía ser o corpo dun surfista na auga.

Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia comunicaba o sucedido a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e ao 061-Urxencias Sanitarias, que desprazou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o areal, aínda que finalmente non chegou a intervir. 

Así mesmo, os xestores do 112 Galicia informaron do ocorrido aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Finalmente, pese aos intentos de reanimación, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.

Comentarios
Lo más