miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Resulta ferida unha persoa tras bater co seu vehículo contra un muro dunha casa en Redondela

Resulta ferida unha persoa tras bater co seu vehículo contra un muro dunha casa en Redondela
Resulta ferida unha persoa tras bater co seu vehículo contra un muro dunha casa en Redondela

Os xestores do 112 pediron a colaboración dos profesionais sanitarios e dos Bombeiros de Baixo Miño, que, cando chegaron ao lugar do sinistro, o condutor atopábase xa fóra do turismo

Un condutor resultou ferido despois de bater contra un muro dunha vivenda cando circulaba pola estrada de N-550, ao paso polo concello pontevedrés de Redondela.

Todo comezou pasados uns minutos das 19:30 horas da pasada tarde cando axentes da Garda Civil de Tráfico contactaban co 112 Galicia para pedir axuda debido a que a persoa atopábase atrapada e sufría diversas lesións. Deste xeito, os xestores do 112 pediron a colaboración dos profesionais sanitarios e dos Bombeiros de Baixo Miño, que, cando chegaron ao lugar do sinistro, o condutor atopábase xa fóra do turismo.

Ademais dos bombeiros e do persoal sanitario do 061-Urxencias Sanitarios informouse do sinistro aos Bombeiros de Vigo e aos axentes da Policía da localidade. Así como, o servizo de mantemento da estrada para recuperar as condicións de seguridade da vía.

Finalmente, a persoa foi evacuada ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más