Arde un galpón en Cangas
Os feitos ocorreron no lugar da Devesa, na parroquia canguesa de San Salvador, as 22:00 horas
Un incendio declarado esta noite nun galpón en Cangas provocou danos no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou varias motoserras, cables e diversas ferramentas de traballo.
Os feitos ocorreron no lugar da Devesa, na parroquia canguesa de San Salvador, as 22:00 horas, cando os Bombeiros do Morrazo informaban ao 112 Galicia que se desprazaban ata ao lugar. De inmediato, o persoal do 112 Galicia puxo o suceso en coñecemento dos Bombeiros de Vigo, dos axentes da Policía Local e membros de Protección Civil da localidade.
Unha vez sufocado o lume, os bombeiros confirmaron que ardeu o galpón na súa totalidade.