miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rescatada unha muller que quedou atrapada nunha zona de difícil acceso na Praia de Riazor da Coruña

Rescatada unha muller que quedou atrapada nunha zona de difícil acceso na Praia de Riazor da Coruña
Rescatada unha muller que quedou atrapada nunha zona de difícil acceso na Praia de Riazor da Coruña

Sucedeu ao fío das 21:45 horas, momento en que varias persoas particulares chamaban ao 112 Galicia alertando do sucedido

Os servizos de emerxencias rescataron a pasada noite a unha muller que quedou atrapada nunha zona de difícil acceso na Praia de Riazor, na Coruña.

Sucedeu ao fío das 21:45 horas, momento en que varias persoas particulares chamaban ao 112 Galicia alertando do sucedido.

A partir de aí, os xestores do 112 Galicia informaron dos feitos ao Servizo de Gardacostas de Galicia, a Salvamento Marítimo e aos Bombeiros da Coruña. Ademais, solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Nacional, da Policía Local e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo a informou a Policía Local ao 112 Galicia, a muller tivo que ser rescatada polo Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento da Coruña. Unha vez en terra, foi evacuada en ambulancia ao Centro Hospitalario Universitario de Coruña.

Comentarios
Lo más