Arde un garaxe dunha casa cun coche e diversos utensilios no seu interior en Cambre
Ao fío das 21:30 horas varias persoas particulares informaban ao 112 Galicia dun incendio a altura do número 12 da Rúa de Abrenoite
Un incendio nun garaxe particular mobilizou a pasada noite aos servizos de emerxencia, ao arder un vehículo no seu interior e colapsou o teito polo incendio.
Ao fío das 21:30 horas varias persoas particulares informaban ao 112 Galicia dun incendio a altura do número 12 da Rúa de Abrenoite, no concello cambrés de Cecebre. Afortunadamente, o lume só afectou ao garaxe e ningún residente da vivenda precisou asistencia sanitaria.
Nada mais recibir o aviso, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Arteixo,que decontado se desprazaron ao punto. Tamén, a Garda Civil, axentes da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade se dirixiron ao lugar nada mais ser alertados polo 112 Galicia.
Unha vez extinguido, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que ardera, o garaxe. Tamén, indicaba que no interior ardera un coche ademais de varios obxectos.