miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Unión Europea selecciona a 20 concellos galegos para a instalación de wifi gratis

A Unión Europea selecciona a 20 concellos galegos para a instalación de wifi gratis
A Unión Europea selecciona a 20 concellos galegos para a instalación de wifi gratis

Esta iniciativa enmárcase no programa Wifi4 EU cuxa finalidade é crear miles de puntos de acceso de wifi gratuítos nos espazos públicos

A Unión Europea seleccionou a unha vintena de municipios galegos para a instalación de Wifi gratuíta de alta velocidade en espazos públicos.

Os municipios galegos han resultado seleccionados son Abegondo, A Baña, Ordes, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira, San Sadurniño, Valdoviño, Vedra e Vimianzo na provincia da Coruña.

Na provincia pontevedresa os elixidos foron Marín, O Grove, Sanxenxo, Tomiño e Vigo; na provincia de Lugo Foz e Vilalba foron os seleccionados mentres que na de Ourense foron Maside, Parada de Sil e Ribadavia.

En total a UE seleccionou a 510 municipios españois e 3.400 de toda Europa, das 10.000 solicitudes presentadas, que recibirán unha axuda de 15.000 euros para financiar as instalacións das conexións de rede de alta velocidade, mínimo 30 megas, en espazos públicos.

Os concellos dispoñen agora dun prazo de máximo de 18 meses para definir o proxecto de instalación e seleccionar os espazos municipais, prazas, parques, centros culturais e demais lugares onde se vai a instalar este servizo.

Esta iniciativa enmárcase no programa Wifi4 EU cuxa finalidade é crear miles de puntos de acceso de wifi gratuítos nos espazos públicos das comunidades locais en toda Europa para 2020.

Para este obxectivo destínanse 120 millóns de euros.

Comentarios
Lo más