miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O CPIP Antonio Orza Couto acolleu a entrega de premios do VI Certame de Relato Curto Xosé Neira Vilas

O CPIP Antonio Orza Couto acolleu a entrega de premios do VI Certame de Relato Curto Xosé Neira Vilas
O CPIP Antonio Orza Couto acolleu a entrega de premios do VI Certame de Relato Curto Xosé Neira Vilas

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo Neira, e o director do centro, Xosé Manuel Silva, entregaron os galardóns

O salón de actos do CPIP Antonio Orza Couto acolleu a semana pasada a entrega de galardóns do VI Certame de Relato Curto Xosé Neira Vilas; un acto incluído dentro da programación co gallo do Día das Letras Galegas. O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo Neira, e o director do centro educativo, Xosé Manuel Silva, participaron neste acto, no que se repartiron 750 € en premios.

Na súa intervención, o rexedor boqueixanés tivo verbas de lembranza para o que fora presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, o finado Luis Reimóndez. “Alá onde se atope estará profundamente orgulloso de todas e todos vós”, afirmou, ao tempo que deu a benvida e recoñecemento ao novo titular da fundación, Fernando Redondo Neira.

Ademais, Fernández Munín agradeceu “a implicación do profesorado do centro educativo que, de xeito altruísta, dedicou o seu tempo ao bo desenvolvemento desta iniciativa, o que demostra a súa vocación docente e o seu compromiso coa educación e a cultura”. Finalmente, animou ao alumnado do CPIP Antonio Orza Couto a “non decaer no esforzo intelectual e a deixar voar a súa imaxinación para que fagan realidade os seus soños”.

Pola súa banda, Fernando Redondo Neira salientou o elevado nivel xeral das 123 obras presentadas a concurso. Esta cifra supuxo un novo récord de participación con respecto a anteriores edicións do Certame de Relato Curto, organizado polo Concello, en colaboración coa entidade co sé en Gres e cos centros educativos do municipio boqueixanés. Un fito que valorou moi positivamente o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas. “Ler axúdanos a vivir outras vidas, a explorar outros mundos. Por iso, anímovos a seguir lendo e a continuar participando en certames como este”, concluíu.

Finalmente, o director do CPIP Antonio Orza Couto agradeceu a implicación do profesorado no certame literario que amosa a capacidade creativa do estudantado. Coincidindo co rexedor e o presidente da Fundación Neira Vilas, animou ao alumnado a seguir lendo e a deixar voar a súa imaxinación creando as súas propias obras. 

Comentarios
Lo más