miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Afundación celebra en Santiago un encontro interxeracional do seu programa "Falamos da escola"

Afundación celebra en Santiago un encontro interxeracional do seu programa "Falamos da escola"
Afundación celebra en Santiago un encontro interxeracional do seu programa "Falamos da escola"

O encontro terá lugar hoxe luns 20 de maio, ás 12.30 h no IES Rosalía de Castro

Afundación, a Obra Social de ABANCA, desenvolve en Santiago de Compostela, coas persoas voluntarias do Espazo +60 Afundación da cidade e estudantes do IES Rosalía de Castro, o seu programa interxeracional denominado «Falamos da escola», no que maiores voluntarios e alumnas e alumnos de centros escolares de toda Galicia dialogan sobre as súas vivencias ao longo da etapa escolar e reflexionan xuntos sobre o papel que debe xogar a educación na actualidade. 

A iniciativa enmárcase na liña estratéxica «O valor da experiencia», da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, a través de programas interxeracionais e de voluntariado, que beneficien outros grupos da sociedade.

O encontro terá lugar hoxe luns 20 de maio, ás 12.30 h no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela con estudantes que poñerán en común cos maiores as súas opinións sobre a escola. Previamente farase unha pequena presentación a medios deste novo programa. 

Comentarios
Lo más