miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG de Brión aposta pola creación parque cuberto no concello

O BNG de Brión aposta pola creación parque cuberto no concello
O BNG de Brión aposta pola creación parque cuberto no concello

A acción partiu do BNG de Brión, como xeito de facer ver a súas propostas para un concello mellor, entre as que está a creación dun gran parque cuberto

Unha ducia de persoas participaron a pasada semana en Brión nunha performance reivindicativa no parque de Lamiño, a carón do campo de fútbol de Brión. 

Con coloridos paraugas, que tanto serven para cubrirse da chuvia como protexerse do sol, fixeron patente a necesidade dun espazo infantil máis acolledor, que poida ser desfrutado con plena capacidade tamén no inverno.

A acción partiu do BNG de Brión, como xeito de facer ver a súas propostas para un concello mellor, entre as que está a creación dun gran parque cuberto, ampliación das instalacións deportivas e mellorar as existentes poñéndolle por exemplo unha cuberta para ampliar os usos das mesmas.

Comentarios
Lo más