A Marea Cidadá insiste na integración de Noia na Área de Transporte Metropolitano de Santiago
Esta inclusión permitiría axilizar as viaxes de tantos mozos e mozas que se ven obrigados a ir vivir a Santiago para realizar os seus estudos, permitíndolles residir na vila
A Marea Cidadá de Noia ven de facer público o seu programa electoral, no cal se insiste na integración do noso Concello na Área de Transporte Metropolitano de Santiago .
No seu apartado “Unha Vila con oportunidades”, a Marea Cidadá de Noia ven de insistir na que xa fora unha das súas reivindicacións máis importantes ao longo deste mandato: a inclusión de Noia no Área de Transporte Metropolitano de Santiago.
Esta inclusión permitiría axilizar as viaxes de tantos mozos e mozas que se ven obrigados a ir vivir a Santiago para realizar os seus estudos, permitíndolles residir na vila. Ademáis, facilitaría a súa mobilidade unha vez alí e reduciría considerablemente os custos.
No mesmo apartado, a Marea ven de facer dúas propostas máis: a creación dunha Plataforma Online de Venda Municipal e a Apertura da Oficina de Turismo, con persoal estable contratado dende o Concello ó longo de todo o ano.