miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As escolas infantís municipais celebraron esta semana as Letras Galegas

As escolas infantís municipais celebraron esta semana as Letras Galegas
As escolas infantís municipais celebraron esta semana as Letras Galegas

Na Escola Infantil Municipal das Fontiñas, a conmemoración das Letras Galegas consistiu na creación dun maio

As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños dedicaron esta semana a celebrar a festa da familia, a das Letras Galegas e os Maios. Nenos e nenas traballaron en diferentes talleres nos que fixeron manualidades coas que agasallar ás súas familias.

Os pequenos e pequenas da Escola Infantil Municipal de Conxo celebraron o Día das Letras Galegas coa creación dunha alfombra floral, ao tempo que escoitaron cantigas tradicionais galegas. As educadoras e algúns nenos e nenas celebraron este día traendo posto o traxe tradicional galego. Ademais, na entrada da escola tiñan un pequeno photocall para inmortalizar este día coas súas familias.

Na Escola Infantil Municipal das Fontiñas, a conmemoración das Letras Galegas consistiu na creación dun maio. Os nenos e nenas tamén tiveron a visita dun grupo de música tradicional e aprenderon algúns pasos de bailes galegos.

Finalmente, na Escola Infantil de Meixonfrío-Salgueiriños celebraron o día da familia, coa visita ao centro dun grupo de avós e avoas do Centro de Día do Milladoiro. Os pequenos e pequenas decoraron dous lenzos –un para o Centro de día e un para a Escola- como lembranza desta xornada. E para conmemorar as Letras Galegas, fixeron unha alfombra floral e escoitaron cantigas tradicionais galegas. 

Comentarios
Lo más