Comezan as obras para instalar novas beirarrúas e pluviais na Capela, en Carreira
11:14 19/05/19
11:14 19/05/19
Comportan un investimento de 31.812 euros e o prazo de execución é dun mes e medio
O Concello de Ribeira informa do inicio dunha nova actuación consistente na instalaciçon de beirarrúas e pluviais no entorno da Capela en Carreira.
Conforme ao proxecto elaborado polos servizos do Concello, estase a construír un tramo de 146 metros de beirarrúas coas que mellorar a seguridade viaria e tamén unha liña de pluviais que descorrerá paralela a aquelas.
As obras están sendo executadas por Alberto Pérez Sampedro. Comportan un investimento de 31.812 euros e o prazo de execución é dun mes e medio.