Mazarelos acolle a Romaría dos Libros da Primavera
06:30 17/05/19
06:30 17/05/19
Asemade, a editora Edicións Positivas, e desde hai tres anos, vén repartindo gratuitamente plantas de Tomate Negro de Santiago
Ccomo cada ano, e desde hai catro, un grupo de editores e libreiros asociados na Asociación Compostela Literaria, organizan a Romaría dos Libros da Primavera para sacar os libros á rúa, e rodealos de actividades, na emblemática Praza de Mazarelos.
Asemade, a editora Edicións Positivas, e desde hai tres anos, vén repartindo gratuitamente plantas de Tomate Negro de Santiago co fin de colaborar ao renacer dunha necesaria agricultura local.
Serán 1.000 plantas aproximadamente as que se agasallarán a quen queira algunha e se achegue hoxe á Mazarelos.