miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Noia aplica un tratamento preventivo do picudo nas palmeiras da Alameda

Noia aplica un tratamento preventivo do picudo nas palmeiras da Alameda
Noia aplica un tratamento preventivo do picudo nas palmeiras da Alameda

A concelleira de parques e xardíns, Mariola López Cierto, explica que “empezamos no 2016 cunha campaña de información veciñal, para que os particulares coñeceran o problema, e cun tratamento fitosanitario que se aplica tres veces ao ano"

O Concello de Noia continúa coa campaña preventiva contra o picudo nas árbores de titularidade municipal posta en marcha en 2016 e que permite que todas elas estean nun correcto estado sanitario. Durante a xornada de hoxe procedeuse á aplicación do tratamento fitosanitario nas palmeiras da Alameda de Noia.

A concelleira de parques e xardíns, Mariola López Cierto, explica que “empezamos no 2016 cunha campaña de información veciñal, para que os particulares coñeceran o problema, e cun tratamento fitosanitario que se aplica tres veces ao ano. Algunhas estaban afectadas e non se puideron recuperar, polo que foron retiradas de acordo co procedemento establecido, pero dende entón as que están na Alameda, nos xardíns Felipe de Castro e no IES están en perfecto estado”.

López Cierto lembra que “fomos dos primeiros concellos en actuar contra o picudo e levamos case tres anos tratándoas e comprobamos que o tratamento ten unha eficacia no 85-90% dos casos”. A aplicación do produto faise cunha varilla telescópica coa que “se ducha” á palmeira. Faise a primeira hora do día e tres veces ao ano. “Sabemos que as palmeiras de moitos municipios están asoladas polo picudo pero, grazas a estas actuacións preventivas, as nosas están en bo estado”, afirma a concelleira.

Comentarios
Lo más