miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Marea Cidadá propón a creación de unha Escola Infantil na vila

A Marea Cidadá propón a creación de unha Escola Infantil na vila
A Marea Cidadá propón a creación de unha Escola Infantil na vila

Deste xeito, a Marea Cidadá busca apostar pola Educación Pública a todos os niveis, garantindo que calquera cativo ou cativa poida acceder a un ensino en igualdade

A Marea Cidadá de Noia ven de facer público o seu programa electoral, no cal se inclúe a creación dunha Escola Infantil de 0 a 3 anos, que garanta o dereito a unha educación digna para todos e todas.

No seu apartado “Unha Vila para Medrar”, a Marea Cidadá de Noia ven de facer pública unha das súas propostas máis importantes: a Creación dunha Escola Infantil Pública de 0 a 3 anos.

Deste xeito, a Marea Cidadá busca apostar pola Educación Pública a todos os niveis, garantindo que calquera cativo ou cativa poida acceder a un ensino en igualdade independientemente dos recursos económicos da súa familia. Ademáis, búscase deste xeito facilitar a concialición.

No mesmo apartado, a Marea ven de facer dúas propostas máis: a creación dunha nova Biblioteca Municipal que solucione os enormes erros estruturais da actual e que incorpore actividades para os máis novos, e a creación do Espazo Novo, unha instalación pública que funcione como punto de encontro para a mocidade, e que esté equipada para quedar á súa disposición á hora de realizar actividades.

Comentarios
Lo más