miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Lousame volverá a homenaxear a Zernadas de Castro este venres no atrio da igrexa de Fruíme

Lousame volverá a homenaxear a Zernadas de Castro este venres no atrio da igrexa de Fruíme
Lousame volverá a homenaxear a Zernadas de Castro este venres no atrio da igrexa de Fruíme

Presentarase e regalaranse exemplares do libro “O ilustrado cura de Fruíme”, de Carlos García Cortés

O Concello de Lousame celebrará este venres 17 de maio, ás 12:00 horas, a súa tradicional homenaxe a Zernadas de Castro no atrio da Igrexa de Fruíme. Un acto que este ano incluirá a presentación do libro “O ilustrado cura de Fruíme”, de Carlos García Cortes, do que se repartirán exemplares entre todas as persoas asistentes. Ademais da tradicional ofrenda floral no busto de Zernadas de Castro, este ano alumnos e alumnas do CPI Cernadas de Castro darán lectura a distintos poemas do homenaxeado.

A programación especial do Concello de Lousame co gallo do Día das Letras Galegas pecharase cunha actuación de Fantoches Baj, “Os Romeiros do Caracol”, o sábado 18 de maio, ás 11:00 horas, na Casa da Cultura de Lousame. Trátase dun espectáculo de monicreques e música dirixido a un público infantil de máis de 5 anos e familiar. Durante 50 minutos, Ignacio Vilariño e Carlos Quintá contarán e cantarán historias relacionadas coas lendas de San Andrés de Teixido. A entrada é libre e de balde.

Comentarios
Lo más