miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chega unha baixada de temperaturas á cidade

Chega unha baixada de temperaturas á cidade
Chega unha baixada de temperaturas á cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima os 19ºC

Durante o xoves irase retirando a masa de aire cálido e Galicia perde a influencia das altas presións. 

Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos pola mañá e algún orballo, con chuvascos máis probables na segunda metade do día. 

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un notable descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima os 19ºC.

O vento soprará do noroeste.

Comentarios
Lo más