miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bascuas coñece as demandas dos veciños de Galeras

Bascuas coñece as demandas dos veciños de Galeras
Bascuas coñece as demandas dos veciños de Galeras

Bascuas estivo acompañado por varios membros da candidatura de Compromiso

Xoán Bascuas, candidato a alcaldía de Compromiso por Galicia, mantivo un encontro coa Plataforma Veciñal de Galeras, na que se trataron as demandas e propostas da asociación veciñal. 

Entre estas destacan as que demandan actuar en distintas rúas do barrio, como a Calzada do Carme, que precisa unha intervención integral; ou regular o tráfico na Rúa das Hortas e limitar a velocidade en todo o barrio a 30 kilómetros por hora, e de xeito máis urxente na rúa Galeras e Pombal. 

No referente a infraestruturas, demandan habilitar prazas de aparcadoiro no centro de saúde do barrio, así como a conservación e dotación de usos a Casa da Luz, Finca do Espiño, Antigo Hospital de Galeras e Parque de Galeras. Xoán Bascuas apunta que as peticións que fan dende a Asociación Veciñal son lexítimas e necesarias e as asume como propias.

Comentarios
Lo más