A sexta promoción da Licenciatura en Matemáticas da USC celebrou as súas vodas de ouro
No acto de celebración destas vodas de ouro, ao que asistiron 24 licenciadas e licenciados, interveu o profesor da Área de Álxebra da USC e da UDC Miguel Ángel López
A Facultade de Matemáticas foi onte o punto de encontro da sexta promoción da Licenciatura en Matemáticas da USC, que rematou os seus estudos no ano 1969. No acto de celebración destas vodas de ouro, ao que asistiron 24 licenciadas e licenciados, interveu o profesor da Área de Álxebra da USC e da UDC Miguel Ángel López.
A esta promoción pertencen tamén os que foron profesores da USC José Benito Costal e Ángel Cordero, que estiveron acompañados dos que foran profesores seus, José María Isidro, Enrique Vidal e Emilio Villanueva.
Na facultade foron recibidos pola decana, Elena Vázquez Cendón, que logo de asinar no libro de honra os acompañou á Facultade de Químicas, o centro onde cursaron os seus estudos e no que se retrataron na súa Aula de Matemáticas.