José Miñones: "Estamos a favor de compartir servizos pero non é o momento de debater sobre fusión de concellos"
O candidato socialista, José Miñones, presentou o seu programa electoral que se sustenta en 130 propostas para Ames
Onte o candidato á alcaldía polo Partido Socialista de Ames, José Miñones, presentou o seu programa electoral que xira arredor de 130 proposta que tal como indica o seu lema de campaña é o "Ames que queres".
Miñones quixo destacar o traballo feito nestes últimos catro anos cando chegaron ao Goberno Local que pese a ter unha minoría foi posible sacar adiante moitos dos proxectos incluídos nese programa como a eliminación do Plan de Axuste, a reducción da débeda do concello ou o investimento no urbano ou no ámbito rural.
"Temos aquí un programa ambicioso que pretendemos sacar adiante, co apoio dos veciños, para os vindeiros catro anos", explicou o candidato socialista. Miñones quixo destacar o piar fundamental no que se sustentará o seu programa: escoitar e atender aos veciños de Ames, unha materia que como recoñece funcionou moi ben neste mandato.
En materia de propostas xenerais o candidato segue adiante co programa Impulsa Ames que conleva o transporte baixo demanda e a conectividade entre Bertamiráns e Milladoiro. A creación do Punto Móbil Policial (UMAP) para dar cabida as demandas dos veciños do Milladoiro no tocante a falta de Policía Local na localidade.
En deportes, Miñones aposta pola posta en marcha da Piscina Municipal do Milladoiro, ampliar un mes más as Escolas Deportivas, ampliar tamén o Pavillón de Bertamiráns e a creación dun parque de calistenia.
No tocante á mocidade, un tema importante no concello máis novo de Galicia, se segue apostando para crear comunidade neste sector da sociedade con actividades de voluntariado, crear o Consello Municipal da Mocidade ou promocionar unha Festa da Mocidade, perdida fai un par de anos na época de Carlos Ferńandez.
Preguntado sobre a posible fusión de concellos, que tan de moda está nas campañas electorais, Miñones o ten claro xa que "estamos a favor de compartir servizos como estamos a facer con Brión". Afirma que o debate das fusións non ten cabida agora mesmo senón que é momento de traballar os concellos con colaboracións mixtas para poder ser eficientes para os cidadáns.