O conselleiro de Industria e o candidato á alcaldía de Ames, Ramón Argibay, reuníronse coa a asociación de empresarios do Polígono Novo Milladoiro
Argibay comprometeuse a crear un departamento de atención en exclusiva para as empresas, autónomos e emprendedores, así como a impulsar a construción do “falso túnel” do que xa hai un proxecto en mans do Ministerio de Fomento
O martes, os empresarios do Polígono Novo Milladoiro, mantiveron unha reunión co candidato á alcaldía de Ames, Ramón García Argibay, á que tamén asistiu o Conselleiro do ramo, Francisco Conde. Durante a mesma, Conde salientou o feito de que os populares de Ames se interesaran polos empresarios, posto que hai múltiples competencias que dependen dos Concellos, como o IBI, o transporte, o lixo, ou o acondicionamento do propio polígono.
Temas, nos que Argibay quixo facer fincapé, xa que un o polígono se atopa actualmente en expansión e carece de melloras nos servizos municipais. Por este motivo, o Partido Popular de Ames comprometeuse a reordenar o tráfico e o aparcamento, cuestión que vai ligada á escaseza de liñas de transporte, o que provocan que os traballadores non teñan outro medio que o seu propio vehículo.
Tamén, aínda que o propio Argibay, puxo de manifesto que sería de competencia Estatal e Autonómica, lembrou o proxecto que xa está en mans do Ministerio de Fomento para levar a cabo a construción dun “falso túnel” na actual rotonda que dá acceso ao Polígono ao termo do Concello de Santiago e inicio de Ames. Unha obra que daría solución aos accesos de vehículos pesados e traballadores, que actualmente vense sometidos a problemas de tráfico e retencións, que lonxe de producirse nas horas puntas, comeza a ser un problema tanto para eles como para a veciñanza que utiliza esa vía como saída do núcleo urbano.
Xa por último, o candidato quedaba a disposición da asociación e dos propios empresarios para abrir a posibilidade de acometer a ampliación do Polígono, xa que actualmente a maioría das naves atópanse ocupadas, o que posibilitaría que “Novo Milladoiro” continuase a súa expansión.