miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Marea Cidadá propón a creación dun Centro de Día en Noia

A Marea Cidadá propón a creación dun Centro de Día en Noia
A Marea Cidadá propón a creación dun Centro de Día en Noia

Esta proposta nace da actual situación que están a vivir os veciños e veciñas da vila, que se ven obrigados a ter que facer longos desprazamentos en coche a diario para os seus maiores

A Marea Cidadá de Noia ven de facer público o seu programa electoral, no cal se inclúen apartados como a Construción dun Centro de Día, dando saída a unha das demandas máis extendidas na vila.

No seu apartado “Unha Vila para Coidarnos”, a Marea Cidadá de Noia ven de facer pública unha das súas propostas de maior peso nesta campaña: a Creación dun Centro de Día en Noia.

Esta proposta nace da actual situación que están a vivir os veciños e veciñas da vila, que se ven obrigados a ter que facer longos desprazamentos en coche a diario para deixar aos seus familiares nos Centros de Día máis próximos.

Ademáis, no mesmo apartado, a Marea ven de facer dúas propostas máis: a ampliación do persoal de servizos sociais do Concello, para rebaixar considerablemente as listas de espera actuais, e a creación dun “Plan contra a pobreza enerxética” que facilite o pago do recibo eléctrico a aquelas persoas con menos recursos.

Dende a Marea Cidadá entendese que as Administracións do S.XXI están para facer políticas sociais e garantir unhas condición de vida dignas ao conxunto da cidadanía, e neste sentido, Concellos coma o de Noia deben xogar o seu papel.

Comentarios
Lo más