miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello de Ribeira recibe unha subvención para a renovación da cuberta do pavillón de Sirves

O Concello de Ribeira recibe unha subvención para a renovación da cuberta do pavillón de Sirves
O Concello de Ribeira recibe unha subvención para a renovación da cuberta do pavillón de Sirves

O prazo de execución ascende a un mes e medio

O Concello de Ribeira vén de ver confirmada unha subvención da Xunta para a renovación da cuberta no pavillón polideportivo de Sirves, na parroquia de Olveira.

Esta axuda é concedida por Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ao amparo da orde de 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O importe da subvención ascende a 38.371 euros para un proxecto que ten un orzamento total de 54.817 euros, IVE incluído.

Conforme ao proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello, o pavillón ten en liñas xerais un bo estado de conservación pero rexistra episódicos problemas de filtracións de auga de chuvia que deixan en ocasións a pista impracticable. Por tal motivo, o Concello pretende renovar a cuberta realizando as actuacións seguintes:

- Desmontaxe da actual cuberta previa instalación dos elementos de seguridade

- Montaxe dunha nova cuberta a base de panel sandwich nervado, de 30 milímetros de espesor, formado por dúas chapas de aceiro prelacado con illamento entre ambas de espuma de poliuretano ríxido.

- Remate da cuberta

- Subministro e colocación de canalón na fachada principal

- Apertura de ocos na fachada norte e colocación de fiestras.

O prazo de execución ascende a un mes e medio.

Comentarios
Lo más