miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os centros cívicos celebran o Mes das Letras

Os centros cívicos celebran o Mes das Letras
Os centros cívicos celebran o Mes das Letras

A concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou o luns o programa "Maio, mes das letras", que xunta máis de 30 actividades, todas de balde

A rede de Centros Cívicos acollerá ao longo de todo o mes numerosas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este 17 de maio se lle dedica a Antonio Fraguas. Serán propostas transversais, que implicarán a diferentes espazos da rede, que procurarán o interese de públicos diversos e que apostarán polo uso educativo das contornas da cidade.

A concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou o luns o programa "Maio, mes das letras", que xunta máis de 30 actividades, todas de balde, e nas que toma protagonismo a figura de Antonio Fraguas. A concelleira explicou que o programa "fai unha aposta por chegar a públicos moi diferentes, con actividades específicas para nenos e nenas, mocidade e terceira idade, pero tamén con iniciativas que procuran o encontro interxeracional".

Tamén salientou que "o programa chegará aos distintos espazos dos centros cívicos, dende a Biblioteca José Saramago ao espazo expositivo do centro cívico de Conxo, pasando polas aulas de novas tecnoloxías e os espazos de xogo"; e explicou que "tamén se utilizarán as zonas exteriores dos centros para realizar intervencións artísticas en torno ás letras". Ademais, haberá actividades que se desenvolvan noutros lugares de Compostela, como son os museos.

1557731801Cartaz Maio das Letras web

Comentarios
Lo más