miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Asociación Área Empresarial do Tambre organiza un curso para deixar de fumar

A Asociación Área Empresarial do Tambre organiza un curso para deixar de fumar
A Asociación Área Empresarial do Tambre organiza un curso para deixar de fumar

A formación impartirase no Centro Empresarial do Tambre, todos os mércores do 22 de maio ao 19 de xuño, en horario de 19:00 a 20:00 horas

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) organiza un curso para deixar de fumar en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer (AECC). A formación impartirase no Centro Empresarial do Tambre, todos os mércores do 22 de maio ao 19 de xuño, en horario de 19:00 a 20:00 horas.

Con motivo de promover hábitos de vida saudables entre a poboación e fomentar a prevención do cáncer, a actividade está dirixida a persoas maiores de 18 anos que queiran abandonar o hábito de fumar. Durante cinco sesións, o obxecto será facilitar o proceso de abandono do tabaco, favorecer a abstinencia e diminuír a probabilidade de recaídas. Segundo o programa do curso, traballarase a cooximetría semanal, unha proba sinxela que permite medir a cantidade de monóxido de carbono no aire exhalado por un individuo, ademais de ofrecer orientación para o manexo de síntomas como a ansiedade, insomnio o estado de ánimo.

O curso organízase no marco do protocolo de colaboración asinado no mes de marzo por ambas entidades, e destinado ao desenvolvemento de actividades de prevención do cancro e de fomento do voluntariado entre as empresas do ámbito da área empresarial. 

Comentarios
Lo más