Este sábado remata o prazo de entrega de traballos para VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro
Na pasada edición participaron máis de 200 rapaces e rapazas de toda Galicia
O vindeiro sábado día 18 de maio remata o prazo de entrega das poesías para participar no VII Concurso Escolar de Poesía Escolar Rosalía de Castro, convocado por a Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés para o alumnado de Secundaria e Bacharelato. Os traballos poden entregarse nas librerías dos catro centros El Corte Inglés de Galicia.
O concurso establece tres niveis de participación: 1º ciclo da ESO (1º e 2º), 2º ciclo da ESO (3º e 4º) e Bacharelato. As obras han de ser orixinais e inéditas e estaren redactadas en lingua galega. A extensión máxima non excederá os 50 versos.
Os premios son, por cada categoría: o primeiro galardoado conseguirá unha tarxeta agasallo de 300€ e haberá dous accésit: ao primeiro corresponderalle unha tarxeta de agasallo de El Corte Inglés de 200 euros e o segundo, o mesmo por un valor de 100 euros
O fallo do concurso farase público o día 31 de maio, e a entrega dos premios terá lugar o día 7 do mesmo mes nun acto poético-musical na Casa-Museo, onde participarán os propios premiados e premiadas. E o 15 de xullo presentarase o libro cos poemas finalistas.