miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bascuas mantivo un encontro cos veciños de Marrozos e Aríns

Bascuas mantivo un encontro cos veciños de Marrozos e Aríns
Bascuas mantivo un encontro cos veciños de Marrozos e Aríns

A veciñanza mostrou o seu descontento co actual goberno polas moitas promesas incumpridas

O pasado domingo Xoán Bascuas e unha parte do seu equipo visitaron á veciñanza de Marrozos que se atopaba celebrando as súas festas. Alí, a candidatura de Compromiso tivo a oportunidade de intercambiar impresións coas persoas presentes no campo da festa.

Bascuas rematou a xornada cun encontro coa veciñanza de Aríns, nunha xuntanza que se centrou nos problemas do rural e as propostas que Compromiso ten para mellorar a zona.

A veciñanza mostrou o seu descontento co actual goberno polas moitas promesas incumpridas. Entre outras, na xuntanza destacouse problemas co transporte público, mantemento viario e sendas peonís.

Xoán Bascuas comprometeuse a poñer o rural como única liña vermella para apoiar a formación dun goberno.

Comentarios
Lo más