miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Xerencia de Santiago contará con tres unidades docentes multiprofesionais

A Xerencia de Santiago contará con tres unidades docentes multiprofesionais
A Xerencia de Santiago contará con tres unidades docentes multiprofesionais

Son as unidades de pediatría, saúde mental e atención familiar e comunitaria que pasarán a formar non só a residentes de medicina e de psicoloxía, senón tamén de enfermería

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela ven de recibir a acreditación de 3 unidades docentes multiprofesionais, quere isto dicir que formarán- amais de a residentes de medicina e de psicoloxía- a residentes especializados de enfermaría. As prazas acreditadas polo Ministerio de Sanidad son 2 no caso de Saúde Mental, 2 en Pediatría, e 12 no caso de Atención Familiar e Comunitaria.

A xerencia de Santiago xa recibía todos os anos solicitudes de rotacións externas procedentes de diversas unidades docentes de todo o país. O ano pasado foron 9 enfermeiros internos residentes de diversas especialidades. Esta acreditación pon de manifesto o recoñecemento, por parte das Unidades Docentes de orixe, do valor engadido que pode ofrecer a Xerencia Integrada de Santiago na formación do enfermeiro especialista.

DÍA DA ENFERMERÍA

Onte a Xerencia de Santiago sumouse á celebración do Día Internacional da Enfermería que se conmemorou onte, coincidindo coa data de nacemento de Florence Nightingale. Para ilo a Dirección de Procesos de Enfermaría colocou unhas mesas na entrada do Hospital Clínico Universitario convidando aos usuarios e profesionais a facerse un chequeo de saúde. En total foron unhas 300 as persoas que se achegaron a medirse a tensión, realizar un control de glucemia, control de dióxido de carbono nos fumadores, medición da porcentaxe de graxa corporal,... Amais, tamén se ofrecía educación para a saúde.

Con esta medidas o persoal de enfermería e estudiantes da área compostelá pretenden visibilizar o seu traballo, achegarse ao cidadán e amosar como contribúen diariamente á mellora da saúde dos pacientes e á prevención de doenzas.

Comentarios
Lo más