miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Centos de persoas participan na xornada matemática da alameda de Ordes

Centos de persoas participan na xornada  matemática da alameda de Ordes
Centos de persoas participan na xornada matemática da alameda de Ordes

Todas e todos tiveron ocasión de divertirse e darlle á cabeza cunha ampla gama de actividades, problemáticas e exercicios de todo tipo

Centos de nenos e nenas, a súa inmensa maioría acompañados dos seus pais e nais, participaron esta fin de semana na xornada matemática que tivo lugar na alameda de Ordes. 

Todas e todos tiveron ocasión de divertirse e darlle á cabeza cunha ampla gama de actividades, problemáticas e exercicios de todo tipo, incluíndo elementos e compoñentes xeométricos que tiveron que instalar correctamente. 

A dita actividade, desenvolvida polo IES Nº1 de Ordes e o Equipo de Dinamización Lingüística, contou coa colaboración do Concello de Ordes. A concelleira de Educación, Susana García, foi unha das persoas que non se resistiu a desafiar á lóxica e á razón, ademais de compartir impresión con membros do profesorado.


Comentarios
Lo más