Falece un motorista en Vigo despois de caer do seu vehículo
09:19 13/05/19
09:19 13/05/19
Foi un veciño quen deu a voz de alarma a través da súa chamada ao 112 Galicia cando se aproximaban as 15:30 horas de onte
Un motorista faleceu na tarde de onte despois de caer co seu vehículo cando se dirixía ao Monte Alba, en Vigo.
Foi un veciño quen deu a voz de alarma a través da súa chamada ao 112 Galicia cando se aproximaban as 15:30 horas de onte.
Deseguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos axentes da Policía Local e aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, aínda que nada puideron facer por salvar a vida do motorista.