miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Preto de 8.000 persoas participaron onte nas oposicións de enfermería

Preto de 8.000 persoas participaron onte nas oposicións de enfermería
Preto de 8.000 persoas participaron onte nas oposicións de enfermería

O número de persoas admitidas foi de 8.738, o que supón unha participación do 87,83%

Un total de 7.675 aspirantes acudiron na tarde de onte ao Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra) para realizar os exames do concurso oposición correspondentes á categoría de enfermería nas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral. O número de persoas admitidas foi de 8.738, o que supón unha participación do 87,83%.

Neste proceso selectivo ofértanse 830 prazas, das que 372 corresponden á quenda de acceso libre, 415 á de promoción interna e 43 á de discapacidade..

Cómpre destacar que dos 8.738 admitidos, o 5,80% dos aspirantes proveñen de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, o 72,60% teñen menos de 40 anos e o 88,10% do total son mulleres.

Como en anteriores procesos selectivos, para dar cumprimento ás esixencias de obxectividade e imparcialidade na selección das persoas aspirantes, reforzáronse as medidas de seguridade coa posta a disposición dos tribunais de selección dunha plataforma securizada para a elaboración de cada un dos exercicios da fase de oposición, garantindo deste xeito o seguimento de todo o proceso, así como a selección aleatoria e automatizada das preguntas do exame.

Comentarios
Lo más