miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O ciclo "Un mes e Pico" celebra a súa segunda edición con dous certames de artes

O ciclo "Un mes e Pico" celebra a súa segunda edición con dous certames de artes
O ciclo "Un mes e Pico" celebra a súa segunda edición con dous certames de artes

A Cerimonia e a Ofrenda do Lume Sagrado, no Pico Sacro e Santiago, respectivamente, serán as propostas máis multitudinarias

O Concello de Boqueixón vén de dar o pistoletazo de saída oficial á segunda edición do Un mes e Pico. Ciclo Cultural: O Pico Sacro na Cultura Xacobea. Unha proposta cuxo principal obxectivo é a posta en valor do Pico Sacro e do seu vencellamento coa cultura e tradición dos Camiños de Santiago.

O comezo das actividades desenvolveuse esta mañá na Capela de San Sebastián e contou coa presenza do alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín; o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. O rexedor foi o encargado de explicar o amplo programa de actos que, nesta ocasión, contará con varias novidades. Entre elas, o I Concurso de Graffiti Xacobeo Mitolóxico, que dará comezo mañá, e o I Certame de Novos Talentos de Pintura Rápida, que se desenvolverá o vindeiro 2 de xuño. As bases de ambos as dúas iniciativas poderanse consultar na web municipal (www.boqueixon.com).

O ciclo Un mes e Pico mesturará distintas disciplinas que estarán directamente vencelladas ao tamén coñecido como Monte Sagrado. Así, o venres 17 este enclave será novamente o punto de partida da Carreira das Letras. Unha cita deportiva que congrega a centos de persoas que realizarán un percorrido entre o Pico Sacro e a Cidade da Cultura.

Ao día seguinte, a Capela de San Sebastián acollerá a primeira das tres conferencias que se ofrecerán durante este ciclo. O profesor de Historia da Arte da USC, Juan Manuel Monterroso, ofrecerá, ás 20.00 horas, a ponencia titulada Monsagro. Textos e imaxes para unha tradición xacobea.

A seguinte fin de semana ofrecerase unha visita teatralizada ao Pico Sacro. Terá lugar o sábado 25 de maio ás 17.30 horas. Baixo o título A resurrección da Raíña Lupa. Translatio do corpo do Apóstolo, ofrecerase unha viaxe no tempo ata a época en que os restos do Apóstolo Santiago pasaban por este Monte Sagrado.

Comentarios
Lo más