miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Jesús Carrete Montaña recoñecido co Young Scientist Prize in Computational Physics

Jesús Carrete Montaña recoñecido co Young Scientist Prize in Computational Physics
Jesús Carrete Montaña recoñecido co Young Scientist Prize in Computational Physics

Dende 2016 é científico senior do Intitute of Materials Chemistry en Viena onde desenvolve actividades docentes e investigadoras

Jesús Carrete Montaña, doutor en Física pola USC e investigador colaborador do grupo de Nanomateriais, fotónica e materia branda da USC (NAFOMAT) acaba de ser designado IUPAP Young Scientist Prize in Computational Physics (CCP2019), galardón que recibirá a finais do vindeiro mes de xullo na XXXI IUPAP Conference in Computational Physics na Universidade de Hong Kong.

O premio foi outorgado en recoñecemento ao labor desenvolvido polo investigador durante os últimos anos no campo da computación e máis concretamente “polas súas orixinais contribucións e o desenvolvemento de métodos computacionais pioneiros no campo emerxente do transporte térmico ab initio, permitindo a predición, libre de parámetros, das propiedades de condución térmica dos materiais sólidos e abriendo estes novos métodos á comunidade científica máis ampla a través de canles de código aberto".

Jesús Carrete Montaña realizou os seus estudos de Física na USC entre 2002 e 2007, licenciándose con premio extraordinario. Foi tamén Premio fin de carreira de Física da Xunta de Galicia e Premio Nacional Fin de Carreira en Física. Realizou a súa tese de doutoramento na USC baixo a dirección dos profesores Luis Javier Gallego del Hoyo e Luis Miguel Varela Cabo doutorándose en 2012 coa tese titulada ‘Theoretical and computational study of thermal and transport processes in nanostructured systems’, merecedora do Premio Extraordinario de Doutoramento. Dende 2016 é científico senior do Intitute of Materials Chemistry en Viena onde desenvolve actividades docentes e investigadoras.

Comentarios
Lo más