miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As actividades conmemorativas do Día Internacional dos Museos en Santiago preséntanse este luns

As actividades conmemorativas do Día Internacional dos Museos en Santiago preséntanse este luns
As actividades conmemorativas do Día Internacional dos Museos en Santiago preséntanse este luns

Este luns, 13 de maio, presentarán as súas accións conxuntas, así como a programación que cada un dos museos ten preparada

O 18 de maio conmemórase, dende 1977, o Día Internacional dos Museos para concienciar ao público en xeral sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. Como xa é habitual dende hai oito anos, os museos composteláns suman esforzos para celebrar esta efeméride. Este luns, 13 de maio, presentarán as súas accións conxuntas, así como a programación que cada un dos museos ten preparada.

Debido a que o tema deste ano é “Os museos como eixos culturais: O futuro da tradición”, esta programación vaise presentar no Mercado de Abastos (ás 11:00 horas), por entender que “se trata dun espazo cívico de valor social e cultural que soubo adaptarse para manter viva a tradición do comercio de proximidade”.

Son 8 os centros museísticos integrados nesta iniciativa: Museo do Pobo Galego, Fundación Granell, Museo das Peregrinacións e de Santiago, Centro Galego de Arte Contemporánea -CGAC-, Museo Catedral, Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), Museo Casa de la Troya e Museo de Historia Natural.

Comentarios
Lo más