miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Presentación do poemario “Arquitecturas” no Aturuxo das Marías

Presentación do poemario “Arquitecturas” no Aturuxo das Marías
Presentación do poemario “Arquitecturas” no Aturuxo das Marías

Esta obra colectiva ve a luz da man do carimbo M editora, rexentado por Alberte Momán.

O CSOA O Aturuxo das Marías vai ser escenario da presentación na cidade de Compostela do poemario colectivo “Arquitecturas”, un experimento sobre a percepción poética da arquitectura protagonizado por sete voces da poesia galega totalmente dispares na sua procedencia xeográfica, a sua idade e as suas influencias artísticas. 

O propio Alberte Momán con compañeiros de aventura literaria como Clara Vidal, Luís Mazás, Manuel López Rodríguez, Álex Casal Dosil, Eilún del Pazo e Ramiro Vidal estarán no xa citado espazo autoxestionado compostelán para ler poemas deste libro


Comentarios
Lo más