Xornada calurosa para a cidade
08:00 12/05/19
08:00 12/05/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima chegará aos 29ºC
O domingo Galicia queda na influencia das altas presións centradas nas Illas Británicas.
Así, agárdase unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en toda a Comunidade.
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios mentres que as máximas ascenderán, con rexistros chegando e mesmo superando os 30ºC. En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima chegará aos 29ºC.
O vento soprará de compoñente leste, frouxo en xeral, agás no litoral norte onde será forte.