Hernández mantén unha reunión para coñecer a súa proposta para unha vía ciclista e peonil entre Milladoiro e Santiago
Esta iniciativa suporía a conexión de ambos núcleos o que facilitaría o desprazamento tanto a pé, como en cadeira de rodas, en bicicletas ou en vehículos para persoas de mobilidade reducida, o mesmo que facilitaría o acceso peonil
O presidente do Partido Popular e candidato á alcaldía de Santiago, Agustín Hernández, mantivo onte unha reunión con representantes da Asociación Cívica Composcleta para coñecer a proposta desta entidade para levar a cabo un vial ciclista e peonil que una Santiago coa localidade veciña de Milladoiro.
Hernández considera que se trata dunha acción, que precisa da colaboración de distintas administracións e que é moi demanda por distintos colectivos, polo que, de obter a confianza dos santiagueses o vindeiro 26 de maio, o Popular buscaría a fórmula para impulsar dita conexión e poda ser unha realidade.
Esta iniciativa suporía a unión de ambos núcleos o que facilitaría o desprazamento tanto a pé, como en cadeira de rodas, en bicicletas ou en vehículos para persoas de mobilidade reducida, o mesmo que facilitaría o acceso peonil.
Agustín Hernández asegurou que a mobilidade dos veciños de Santiago é unha das súas maiores preocupacións e, proba diso, son as numerosas propostas que leva no seu programa nese senso, como son os aparcamentos de borde e do Campus Sur; a mellora do transporte urbano; o Plan de sendas; e a reordenación da avenida de San Caetano, entre outras.
O responsable Popular manifestou que comparte coa asociación a premisa de lograr que a capital de Galicia se converta nunha verdadeira “cidade para as persoas”.
Durante a mañá, o mandatario Popular realizou varios paseos en distintas zonas da cidade, aínda dedicou a maior parte do tempo a visitar a praza de Abastos, ode tivo ocasión de escoitar a os comerciantes sobre a situación actual desta área santiaguesa.
Hernández, que estivo acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a parlamentaria, Paula Prado, asegurou que é imprescindible reordenar os espazos desta zona, o mesmo que acadar unha solución para a situación da Nave 5 e os problemas de aparcamento.
Esta tarde, o Popular participará en dous novos encontros cos veciños da Gracia e A Peregrina, onde estará acompañado por distintos membros da súa candidatura.
Pola súa banda, os Populares tamén asistiran a Festa do Comercio do Ensanche e a Gala do Libro no Teatro Princial.