miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Cámara de Comercio de Santiago organizou unha xornada en colaboración coa empresa Seguridade A1

A Cámara de Comercio de Santiago organizou unha xornada en colaboración coa empresa Seguridade A1
A Cámara de Comercio de Santiago organizou unha xornada en colaboración coa empresa Seguridade A1

A xornada presentada pola secretaria xeral da Cámara, Rosa Mary Cardeso, contou con Juan Carlos de la Torre, quen falou dos aspectos legais que supoñen a normativa en relación á obrigatoriedade do rexistro horario que entra en vigor desde hoxe domingo, día 12 de maio

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela en colaboración coa empresa Seguridade A1 celebraron unha xornada sobre como converter o control horario nun beneficio para a empresa.

A xornada presentada pola secretaria xeral da Cámara, Rosa Mary Cardeso, contou con Juan Carlos de la Torre, quen falou dos aspectos legais que supoñen a normativa en relación á obrigatoriedade do rexistro horario que entra en vigor desde hoxe domingo, día 12 de maio. O obxecto da xornada centrouse por parte de la Torre de aclarar dúbidas legais xeradas entre os empresarios, pemes e autónomos que se acercaron á xornada na Cámara de Comercio.

Pemes e autónomos dos máis perxudicados por unha normativa que parece que non previu as particularidades de cada actividade empresarial, e que choca coas novas formas de traballo, co emprego por obxectivos, a distribución irregular de xornada para favorecer a conciliación ou as empresas que traballan en distintos países con fusos horarios diferentes.

A xornada ademáis contou con María Piñeiro do departamento de Recursos Humanos da Empresa Seguridade A1, quen falou desta implementación obrigatoria do rexistro horario como unha avantaxe competitiva. Deste xeito a empresa terá un coñecemento fiable de canto tempo traballa cada empregado, así coma un maior manexo do tempo de traballo efectivo. O control horario axudará a saber quen é máis produtivo e quen non.

Como apuntou María Piñeiro, o cambio da cultura empresarial lévanos a pensar que o traballador excelente é aquel que está en constante cambio. Con este cambio cultural premiase o traballo efectivo, e apóstase pola conciliación da vida laboral e familiar.

Todas as empresas desde mañá domingo deberán dispoñer dun sistema de control para rexistrar a xornada laboral efectiva dos seus empregados, no que se reflicta o horario de entrada e saída de cada un deles.

A Cámara de Comercio de Santiago con esta xornada intentou a resolver as dúbidas que os empresarios e as empresarias da demarcación puideran ter a cerca deste tema.

Comentarios
Lo más