miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Accidente en cadea con catro coches no corredor do Morrazo

Accidente en cadea con catro coches no corredor do Morrazo
Accidente en cadea con catro coches no corredor do Morrazo

Por fortuna, ninguén resultou ferido e o persoal da Axencia Galega de Infraestruturas encargouse da limpeza e retirada dos restos provocados polo accidente

O Corredor do Morrazo recuperou a normalidade despois de que se rexistrase en Moaña unha colisión na que se viron implicados catro vehículos.

Por fortuna, ninguén resultou ferido e o persoal da Axencia Galega de Infraestruturas encargouse da limpeza e retirada dos restos provocados polo accidente co fin de restablecer canto antes as condicións de seguridade na vía.

Eran as 5:30 horas desta madrugada cando a chamada dun particular ao 112 Galicia alertaba dun vehículo que se saíu do carril e bateu contra a mediana á altura do quilómetro seis do Corredor en sentido Cangas. As cinco persoas que viaxaban no interior saíron do coche polos seus propios medios e en perfecto estado de saúde.

Sen embargo, a posición na que quedou o vehículo, que invadía completamente o carril, provocou que outros tres coches que viñan atrás bateran contra o primeiro. Con todo, ninguén necesitou asistencia sanitaria e, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dun equipo da Axencia Galega de Infraestruturas para a retirada dos restos do accidente e devolver así a normalidade e seguridade na vía.

Ademais, os xestores do 112 avisaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico e deron conta do suceso á Policía Local.  

Comentarios
Lo más