miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Esta fin de semana Ordes será anfitrión do Campionato Galego de Taekwondo

Esta fin de semana Ordes será anfitrión do Campionato Galego de Taekwondo
Esta fin de semana Ordes será anfitrión do Campionato Galego de Taekwondo

Os combates terán lugar en horario de mañá e de tarde, concretamente a partir das 9 e das 15.30 horas

Este vindeiro sábado, 11 de maio, Ordes será sede do Campionato Galego Sub-21 e cadete. Os combates terán lugar en horario de mañá e de tarde, concretamente a partir das 9 e das 15.30 horas. Serán 206 competidores os que participen entre ambas as categorías. Varias e varios deles serán escollidos para representar a Galicia no próximo campionato nacional, o cal terá lugar en xuño.

Os clubs que teñen confirmada a súa participación este sábado proceden das catro provincias galegas. Estes son: Natural Sport Sada, Natural Sport Riveira, Dobok, Garrapucho (A Coruña); Shu Sport, Ozono (Boiro); Kwon (Betanzos); Tk Denodo (Bertamiráns); Maniotas (Noia); Arte e Movemento (CEE); Boudsport (Ordes); Kaesport, Tao, As Sport (Vigo); Mats (Marín); Sares (Cangas); Mace Sport, Taekanart (Pontevedra); Hebe, Patiño (Moaña); Olimpic (Vilagarcía); Moo Duk Kwan, Valerics, (Vilalba); Neka (Monforte de Lemos); Couto, Be One-Ourense (Ourense).

Ademais do Club de Taekwondo Boud-Sport, anfitrión desta cita, na celebración deste campionato participan as seguintes entidades: Xunta de Galicia, Deporte Galego, Deputación da Coruña, Federación Galega de Taekwondo, Asociación de Taekwondistas da Comarca de Ordes, Sportec Ordes e o Concello de Ordes.

Comentarios
Lo más