miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 300 persoas inscritas no Barbanza 42K Trail desde domingo

Máis de 300 persoas inscritas no Barbanza 42K Trail desde domingo
Máis de 300 persoas inscritas no Barbanza 42K Trail desde domingo

Como favoritos para levarse ás Trail Series, Iglesias citou no apartado masculino a Carlos Lorenzo e Esteban Toucedo, este último gañador da pasada edición; mentres que no feminino a Pati Martínez e Noe Riaño

Unha vez concluído o período de inscrición foron 308 os corredores que se animarán a participar este domingo no Barbanza 42K Trail: a dura proba que, organizada pola asociación Arousa Neo, pecha as Revolutrion Trail Series despois da celebracións das citas da Cidá, San Isidro, Portosín e Portus Apostoli.

Para falar dos detalles da competición compareceu no Concello Eduardo Iglesias acompañado polo edil Anxo Orellán. Iglesias explicou que haberá dúas modalidades, ambas con saída e chegada á praza García Bayón de Ribeira: a de 42 kilómetros (que arrancará ás 9.30 horas) e a de 21 (que partirá ás 11 horas). Previamente, ás 9 horas, tamén haberá unha andaina en vista da boa acollida desta acción en años anteriores. Os circuítos descorrerán pola serra do Barbanza.

A xeito de novidade, explicou que haberá unha pequena caravana de vehículos por cortesía de Bonaval Motor para que os achegados aos deportistas poidan ir desprazándose polos puntos de avituallamento e ter así unha óptica distinta do desenvolvemento da carreira.

Como favoritos para levarse ás Trail Series, Iglesias citou no apartado masculino a Carlos Lorenzo e Esteban Toucedo, este último gañador da pasada edición; mentres que no feminino a Pati Martínez e Noe Riaño. Na propia proba dos 42K contan con serias aspiracións Luis Pachita e Alejandro Lago, que suman catro entorchados da anterior Ultratrail do Barbanza da que é herdeira esta cita deportiva.

Tanto Anxo Orellán como Eduardo Iglesias quixeron animar á veciñanza a que non deixen de ver esta espectacular proba, que pode ser posible grazas á colaboración de Asociación de Veciños de Carreira, Concello de Ribeira, Revolutrion e outros patrocinadores.

Comentarios
Lo más