miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comezan as obras para aglomerar o camiño de acceso ao deportivo da Fieiteira

Comezan as obras para aglomerar o camiño de acceso ao deportivo da Fieiteira
Comezan as obras para aglomerar o camiño de acceso ao deportivo da Fieiteira

O firme do vial en cuestión atopábase bastante deteriorado, con baches e disgregacións, razón pola cal se botou unha nova capa de aglomerad

O Concello de Ribeira informa do inicio dunha nova actuación consistente no aglomerado do camiño de acceso ao Complexo Deportivo da Fieiteira dende a parroquia de Castiñeiras.

A empresa Nemesio Ordóñez, S.A., é a encargada de executar estas obras, que comportan unha inversión de 42.811 euros, IVE incluído.

O firme do vial en cuestión atopábase bastante deteriorado, con baches e disgregacións, razón pola cal se botou unha nova capa de aglomerado co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade na circulación viaria.

O prazo de execución da actuación ascende a un mes e medio.

Comentarios
Lo más