El Corte Inglés inicia a conmemoración do Día das Letras Galegas cun obradoiro infantil de cociña
A cita é as 11:00 horas na librería infantil, na planta baixa. As prazas están esgotadas
Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas 2019, é co fin de para poñer en valor a literatura que se crea na nosa contorna máis próxima, El Corte Inglés de Santiago organiza un programa de actividades, pensando en pequenos e maiores, que se desenrolarán en dúas xornadas. O sábado día 11 é o xoves día 16.
Hoxe sábado 11/05/2019 11:00 horas. Obradoiro infantil de cociña con Rocío Garrido Caramés “RECEITAS PEQUERRECHAS’, na Librería Infantil, planta baixa. Actividade pensada para nenos entre 5 e 12 anos. As prazas están esgotadas. 50 RECEITAS PARA QUE A CATIVADA DA CASA SE FAGAN CHEFS DE PRIMEIRA. Receitas saborosas para que as nenas e os nenos fedellen na cociña e experimenten cos alimentos. Propostas sorprendentes e moi doadas de facer para pasar agradables momentos na cociña en familia. Quen sabe se, a partir do que aprendan aquí, terminan facéndose recoñecidos cociñeiros dignos dunha estrela (ou dúas!) Michelín.
Pero aínda que iso non pase, o que queda garantido son momentos moi doces, coma as sobremesas que aquí se atopan, e moi alimenticios, co mollo de pratos que Rocío, a cociñeira máis divertida de Galicia, nos propón dentro deste menú gorentoso!
Rocío Garrido Caramés naceu en Vilalonga (Sanxenxo). Estudou Informática e abriu un blog de cociña onde empezou a publicar receitas. Dende hai uns anos anda entre cacharros e ingredientes, buscando e recuperando pratos e sobremesas que se pensaban perdidos. É unha grande investigadora culinaria!, e logo de ensinar a moitos nenos e nenas a cociñar, escribe este libro para que os seus pequecociñeir@s teñan á man as receitas que aprenderon nos obradoiros. Outros libros seus son Cociñando coas razas autóctonas e Mel nas filloas, un libro moi larpeiro tamén publicado en Editorial Galaxia.