miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Demandan da Xunta recursos suficientes para Atención Primaria e Hospitalaria en coidados paliativos

Demandan da Xunta recursos suficientes para Atención Primaria e Hospitalaria en coidados paliativos
Demandan da Xunta recursos suficientes para Atención Primaria e Hospitalaria en coidados paliativos

A deputada rexeitou que o PP impida a elaboración e posta en marcha dunha regulación para os casos de eutanasia no país

O grupo parlamentar de En Marea e a súa deputada Flora Miranda denunciou a actitude do Partido Popular ante un recente caso mediático de eutanasia que puxo en evidencia a necesidade de regulación. A deputada rexeitou que o PP impida a elaboración e posta en marcha dunha regulación para os casos de eutanasia no país.

Segundo a deputada: "O argumento que empregan no PP é que os coidados paliativos son suficientes para manexar o sufrimento das persoas que teñen un prognóstico de vida limitado". Desde En Marea consideramos que os coidados paliativos son imprescindibles para dignificar a morte. Pero Miranda Pena lembrou que “unha porcentaxe significativa de poboación non ten acceso á hospitalización domiciliaria, de ámbito periurbán, quedando a atención das persoas que falecen no entorno domiciliario en mans das profesionais da Atención Primaria de Saúde”.

A deputada de En Marea rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia sobre a dotación que asigna o SERGAS para formar o persoal da Atención Primaria para administrar estes coidados paliativos, á que o SERGAS contestou que está a formar o persoal da Primaria en técnicas de sedación. Flora Miranda lembra que está formación da que presume o SERGAS foi realizada no tempo libre das traballadoras.

Miranda Pena sinala que esta circunstancia contribúe a unha situación xa de por si insostible, xa que as profesionais deben facer fronte á unha sobrecarga de traballo inasumible, e mesmo traballar máis alá do horario laboral para atender as necesidades dos doentes. Desta forma, as condicións actuais da atención primaria de saúde non permiten unha prestación digna, respectuosa e co tempo e disponibilidade necesarios ante unha situación de elevada complexidade como é o proceso de fin de vida no domicilio.

Por todo isto, deputada reclamou, unha vez mais, unha dotación suficiente de recursos profesionais tanto na Atención Primaria como na hospitalaria.

Comentarios
Lo más