miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Mobilización dos servizos de emerxencia por un incendio en Ponteareas

Mobilización dos servizos de emerxencia por un incendio en Ponteareas
Mobilización dos servizos de emerxencia por un incendio en Ponteareas

Os feitos ocorreron nun local situado na saída 303 da A-52 no concello pontevedrés de Ponteareas

Un incendio declarado esta noite nun local en Ponteareas provocou a mobilización dos servizos de emerxencia, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume, que se orixinou nunha habitación, calcinou unha cama, un moble e unha televisión. Ademais, debido ao fume provocado, foi preciso ventilar todo a planta do local.

Os feitos ocorreron nun local situado na saída 303 da A-52 no concello pontevedrés de Ponteareas, ao fío das dúas desta madrugada. Nese momento, o 112 Galicia foi informado polos Bombeiros do Porriño, que se desprazaban ao lugar do suceso.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaba do sucedido aos axentes da Garda Civil, aos membros do GES de Ponteareas e a Protección Civil da localidade. Ademais, solicitouse a colaboración da Policía Local do Porriño e Ponteareas.

Comentarios
Lo más