O Foro Civico de Santiago promove unha folla de ruta para Compostela
O Foro Civico acada a firma dun acordo entre os candidatos con representación municipal do frente común de Santiago
A Sala de Xuntas da Cámara de Comercio de Santiago unha vez máis acolleu ao Foro Cívico, convertíndose nesta ocasión, no escenario de sinatura do acordo entre o Foro Civico e as forzas políticas municipais. Ademais dos representantes do Foro achegarónse á Cámara de Comercio, o Candidato do Grupo Municipal Compostela Aberta, Martiño Noriega, Agustín Hernández candidato do PP ao Concello de Santiago, o candidato socialista Xosé Antonio Sánchez Bugallo e a candidata do BNG Goretti Sanmartín.
O Foro Cívico de Santiago de Compostela considera que existen varios asuntos de capital importancia para a cidade e que son esenciais no presente e o futuro desta, e que ademais deben quedar fóra da disputa partidaria, xa que transcenden a unha única lexislatura, ao consideralos estratéxicos para a cidade.
Os asuntos que as forzas políticas representadas, se comprometeron a apoiar co liderado do Alcalde ou Alcaldesa da cidade, e a defensa ante as administración públicas competentes son:
- A potenciación da industrialización de Santiago de Compostela. Sabendo que o peso do PIB da industria en Santiago sobre o PIB galego está moi afastado do obxectivo do 20% proposto para o conxunto da UE no 2020. Apenas chega á metade do de Galicia, que, á súa vez, non chega ao de España, que á súa vez queda lonxe do de Alemaña e outros países da UE. Nese sentido, pediuse a todos os candidatos e candidatas un apoio decidido e unánime aos incentivos que formulan a Asociación de Empresarios do Tambre,a Cámara de Comercio e a Universidade, dende a Mesa Sionlla Biotech-Madeira.
- O replantexamento da Estación Intermodal que cun movemento superior aos dous millóns de usuarios, resulta clave garantir a mobilidade de calidade e que hoxe en día sexa posible sacar adiante o proxecto da intermodal, planificado e orzado. Santiago, porta de entrada e primeira imaxe do turismo na nosa Comunidade debe contar cunha estación intermodal digna, e sobre todo eficiente.
- A axilización na data de finalización de varias infraestructuras viarias coma a das obras da Autovía Santiago - Lugo (A-54), xa que é a única que existiría dende Santiago de enlace cunha capital galega e a meseta, sen ningún tipo de peaxe. A Autovía Santiago – Lugo A-54 considerase imprescindible para a conexión coa Autovía A-6 permitindo axilizar o transporte, de forma eficaz e eficiente do Sur de Galicia cara ao Cantábrico. E a conexión da AP-9 e da A-54 coa N-550 e a prolongación ata a estrada de Noia, viales que tamen provocarían favorecer as liñas de transporte entre a comarca e outros puntos da xeografía galega.
- Outro dos apartados que se trataron foi a proposta de que Santiago de Compostela non pode seguir coa situación actual en canto á depuración das súas augas residuais, solicitándose un consenso sobre a mellor solución sin que signifique un gravame excesivo para os cidadáns de Santiago e Comarca.
- E xa como último punto, o Foro manifestou unha enorme preocupación polo retraso histórico que o Concello de Santiago sofre á hora de outorgar licenzas urbanísticas. Solicitándose o consenso de todos os aspirantes para a reforma, esixencia e modernización da nosa Administración, sendo fundamental a implantación da tramitación telemática ou electrónica.
As forzas políticas e os axentes sociais e empresariais da cidade, presentes neste acto, comprometéronse a buscar canles de colaboración para tratar de conseguir un consenso nos temas cruciais para a cidade e a súa área de influencia.